Horarios, enderezo e tlf

HORARIOS:

- Setembro e Xuño: Entrada ás 9:15h. e Saída ás 14:00h. - Resto do curso: Entrada ás 9:20h. e Saída ás 15:35h.

Enderezo: CEIP As Vendas da Barreira. c/As Vendas da Barreira s/n, Riós (Ourense). CP: 32610. Tlf: 988425038


mércores, 18 de decembro de 2013

Thanksgiving Day

Coa axuda de Whitney, que é a nosa auxiliar de conversa neste curso 2013/14 e que ven de Ohio (USA), a finais do mes de Novembro aprendimos moito sobre o Día de Acción de Gracias (Thanksgiving Day).

Aquí vos deixamos unha presentación con información sobre dita conmemoración e con fotos dos traballos realizados desde o colexio.

 

martes, 17 de decembro de 2013

TEATRO: "A nena e o grilo nun barquiño"

O pasado día 11 de decembro, os alumnos e alumnas de Educación Primaria fomos de excursión ao Auditorio de Ourense.

Estivemos vendo unha obra de teatro, titulada "A nena e o grilo nun barquiño".

Logo fomos comer ao Xardín do Posío e xogamos un anaco antes de voltar ás Vendas da Barreira.

Aquí vos deixamos unha presentación con fotos deste estupendo día.

mércores, 27 de novembro de 2013

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O luns 25 de novembro fixéronnos unha visita dúas voluntarias da Asociación da "CRUZ VERMELLA".



Tratamos diversos aspectos sobre a Violencia de Xenéro a través de postas en común entre o alumnado, o profesorado e as voluntarias.

Visualizamos unha animación didáctica dos principais conflitos domésticos e sociais existentes na actualidade, para logo poder traballar sobre como solucionalos. Obsequiáronnos con mochilas e axendas.

Deixámosvos aquí o videoclip titulado "Se acabaron las lágrimas" de Huecco, o cal estamos traballando durante esta semana.


Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas


mércores, 18 de setembro de 2013

As Instalacións do Centro

A entrada ao colexio.
Outra vista da entrada ao cole.
A sala dos mestres.
A aula de Educación Infantil.
Outra división da aula de Infantil.
 
A aula de Educación Específica.
A aula de Música.
A aula de usos múltiples e salón de actos.
O laboratorio.
A aula de Plástica.
Outra vista da aula de Plástica.
Recuncho de Xogos no primeiro piso.
A nosa Biblioteca.
Outra visión da Biblioteca.
A aula de Informática e de Audiovisuais.
O Departamento de Orientación.
O noso Comedor.
A Cociña.
A parte dianteira do Colexio.
O Areeiro e o patio cuberto.
A parte traseira do Colexio.
O novo parque de Infantil.
O pavillón.