Horarios, enderezo e tlf

HORARIOS:

- Setembro e Xuño: Entrada ás 9:15h. e Saída ás 14:00h. - Resto do curso: Entrada ás 9:20h. e Saída ás 15:35h.

Enderezo: CEIP As Vendas da Barreira. c/As Vendas da Barreira s/n, Riós (Ourense). CP: 32610. Tlf: 988425038


mércores, 25 de xuño de 2014

martes, 29 de abril de 2014

Nunca sen Almorzo!

      O día 4 de Abril visitou o colexio unha funcionaria da Consellería de Sanidade coa finalidade de promover e informar sobre os alimentos máis adecuados para un bo almorzo.

      Comezamos cunha visualización de diapositivas máis unha posta en común con pais, alumnos e mestres do centro, para rematar cun exemplo a seguir dun COMPLETO almorzo no comedor escolar.

 

martes, 22 de abril de 2014

Cartas Amigas

Os alumnos e alumnas de primaria realizaron unha actividade de competencia lingüística e habilidades sociais, que consistía na elaboración dunha carta, a cal posteriormente enviaron aos compañeiros/as. O carteiro de Riós facilitounos un buzón de correos para que o alumnado puidese coñecer o procedemento de envío.

mércores, 19 de marzo de 2014

Entroido 2014

A continuación deixámosvos unha fenomenal presentación con gran cantidade de fotos realizadas polo colexio e tamén por pais e nais do alumnado.

Recomendámosvos que deixedes cargar ben o arquivo para unha visualización máis satisfactoria.

Saúdos do profesorado. Esperamos que vos guste tanto coma nos gustou a nós!

martes, 28 de xaneiro de 2014

Día Internacional da Discapacidade, 3 de Decembro

Aquí vos deixamos recompilados fotos e vídeos que representan diferentes actividades traballadas durante a semana que se celebrou o día Internacional da Discapacidade.