Horarios, enderezo e tlf

HORARIOS:

- Setembro e Xuño: Entrada ás 9:15h. e Saída ás 14:00h. - Resto do curso: Entrada ás 9:20h. e Saída ás 15:35h.

Enderezo: CEIP As Vendas da Barreira. c/As Vendas da Barreira s/n, Riós (Ourense). CP: 32610. Tlf: 988425038


martes, 29 de abril de 2014

Nunca sen Almorzo!

      O día 4 de Abril visitou o colexio unha funcionaria da Consellería de Sanidade coa finalidade de promover e informar sobre os alimentos máis adecuados para un bo almorzo.

      Comezamos cunha visualización de diapositivas máis unha posta en común con pais, alumnos e mestres do centro, para rematar cun exemplo a seguir dun COMPLETO almorzo no comedor escolar.

 

martes, 22 de abril de 2014

Cartas Amigas

Os alumnos e alumnas de primaria realizaron unha actividade de competencia lingüística e habilidades sociais, que consistía na elaboración dunha carta, a cal posteriormente enviaron aos compañeiros/as. O carteiro de Riós facilitounos un buzón de correos para que o alumnado puidese coñecer o procedemento de envío.